domingo, 5 de febrero de 2017

Día da Paz

Este ano celebramos o Día da Paz dun xeito diferente. Como estamos inmersos na PDI " Viajamos polo mundo, decidimos investigar como se di Paz nos distintos países, participar na canción Baile da Paz de Mamá Cabra e ... mirade o resultado.


domingo, 20 de noviembre de 2016

Novas desde Bibliopepiño

Nos vindeiro días imos celebrar o Día dos Dereitos do neno e coma sempre, desde a biblioteca chéganos esta invitación.

Clica na imaxe para descubrila!


martes, 15 de noviembre de 2016

Dereitos dos nenos

O vindeiro  día, 20 de novembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos dos nenos.
Desde o ano 1924 vense celebrando o Día do Neno e nena, cando as Nacións Unidas aproban en xenebra a Declaración sobe os Dereitos o neno.
Hobo que esperar ata o ano 1948, que fose aprobada unha segunda Declaración dos Dereitos do nenos, na se amplian os Dereitos, concretamente dí: A infancia ten " dereito a coidados e asistencia especial"
Finalmente, no ano 1959, apóbase a terceira Declaración deste Dereitos, máis detallada e precisa cas anteriores. Recoñece dereitos coma  a liberdade, a non discriminación, dereito a ter unha nacionalidade, a ter un nome. Dereito a educación, a saúde....
Mafalda, unha nena moi reivindicativa xunto co seu creador Quino, amósannos este Dereitos.
  
 
   
  
  
Máis información na páxina do cole

miércoles, 21 de septiembre de 2016

O nome


O nome ou substantivo son palabras que serven para nomear obxectos, persoas, animais, lugares, ríos, pobos...

Hai nomes propios e comúns.

Os nomes propios rifírense  a obxectos, persoas, animais concretos: Luis, Miño, Milú, Supermán...

Os nomes comúns designan a persoas, animais, obxectos, lugares en xeral: neno, gato, pobo,

Agora imos practicar un chisco.




miércoles, 14 de septiembre de 2016

Palabras compostas

As palabras compostas son as que están formadas por dúas ou máis palabras simples.

Exemplos: cortaunllas, parasol, lavalouza, sacapuntas, abrelatas, cempés, parabrisas, matamoscas...

As palabras simples son as non proceden da unión doutras palabras.


lunes, 20 de junio de 2016

Recomendación para o verán

Como ven sendo costume, o Equipo de biblioteca, fainos unhas recomendacións para que este verán non nos esquezamos de sumerxirnos na lectura!



Non deixes de visitar o enlace pinchando na foto!

martes, 19 de abril de 2016